29.5.09

Banco de tempo en Monforte

O Banco de tempo percorre a Ruta dos muiños

O Banco de tempo creose en Monforte co obxeto de que todas aquelas persoas que saiban facer algo e queiran compartir o seu tempo, poden manifestalo na dita organización e os seus membros poderán como pago dun servicio aceptar a realización de outro servicio. Este domingo 31 de Maio, membros da organización do Banco de tempo realizarán unha ruteiro pola Ruta dos Muiños.

Poñemos a disposición dos seus membros a nosa Unidade didactica e os mapas que poden descargar de internet e que poderán ver neste enlace:

http://www.jrcasan.com/rutasc/ruta_molinos.htm

Para máis información desta actividade, na web da organización:

http://bancodetempo.blogaliza.org/