VIDEO DE MONFORTE DE LEMOS (ENLACE)
XOVES 11 DE AGOSTO20:30 h PREGÓN DAS FESTAS PATRONAIS - 2011 na Casa do Concello de Monforte
21:00 h LANZAMENTO DO FOGUETE de inicio das festas (Campo de Santo Antonio)
21:00 h INAUGURACIÓN DA ILUMINACIÓN ARTÍSTICA.
23:00 h CONCERTO dedicado ao escritor monfortino Lois Pereiro, homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2011, na praza de España. Actuarán, Manu Clavijo con poemas musicados de Lois Pereiro e Ondas Martenot coas músicas de Lois.
VENRES 12 DE AGOSTO
11:00 h XOGOS INFANTÍS ata as 13:00 no Parque dos Condes .
11:30 h Sairán dende a praza de España Grupos de Gaiteiros tocando por diferentes rúas da cidade. Ás 13:00 h xuntáranse na rúa Cardeal cosCabezudos para o gozo dos máis nenos.
12:00 h A Banda de Música do Concello de Monforte xuntarase na Praza de España e realizará un pasarrúas cara ao centro da cidade.
20:00 h XOGOS E ACTIVIDADES INFANTÍS. Na praza de España desenvolverase A XINCANA DO BOSQUE organizada por Trasnadas. Actividade deseñada para rapaces de 4 a 12 anos.
21:00 h CONCERTO dedicado ao escritor monfortino Lois Pereiro homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2011, na Praza das Clarisas. Actuarán Manu Clavijo con poemas musicados de Lois Pereiro e Ondas Martenot coas músicas de Lois.
23:00 h CONCERTO Banda de Música do Concello de Monforte na Praza de España
23:00 h VERBENA na praza da Compañía cunha orquestra espectáculo e coa orquestra ALIANZA.
02:00 h CONCERTO dedicado ao escritor monfortino Lois Pereiro, homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2011, na rúa Duquesa de Alba. Actuarán Manu Clavijo con poemas musicados de Lois Pereiro e Ondas Martenot coas músicas de Lois.
SÁBADO 13 DE AGOSTO
11:00 h XOGOS INFANTÍS ata as 13:00 no parque dos Condes.
11:30 h Sairán dende a praza de España Grupos de Gaiteiros tocando por diferentes rúas da cidade. Ás 13:00 xuntaranse na rúa Cardeal cos Cabezudos para o gozo dos máis nenos.
12:00 h A Banda de Música do Concello de Monforte xuntarase na praza da Estación onde interpretará unha serie de pezas. A continuación realizará un pasarrúas cara ao centro da cidade.
18:30 h SESIÓN DE MAXIA INFANTIL na Casa da Cultura co mago arxentino CARLOS ADRIANO
23:00 h VI FESTIVAL DE MAXIA DE MONFORTE DE LEMOS na praza de España presentado por Carlos Adriano (Arxentina) e no que actuarán Nuel (Valencia), Mago Rafa (Lugo), Mago Teto (Viana do Bolo) e Iván Asenjo (Segovia)
00:30 h CONCERTO no campo da Compañía de: TONHITO DE POI
DOMINGO 14 DE AGOSTO
11:00 h XOGOS INFANTÍS ata as 13:00 no parque dos Condes.
11:30 h Sairán dende a praza de España Grupos de Gaiteiros tocando por diferentes rúas da cidade. Ás 13:00 xuntaranse na rúa Cardeal cos Cabezudospara o gozo dos máis nenos.
17:30 h MOSTRA DE XOGOS TRADICIONAIS E OBRADOIROS
Na Casa da Cultura e na praza de España ata as 20:30 h farase un PARQUE DE XOGOS TRADICIONAIS.
20:30 h PRESENTACIÓN DO LIBRO ”LATEXOS DA TERRA” dos Poetas da Ribeira Sacra no salón de actos da Casa da Cultura do Concello de Monforte.
22:30 h NOITE MUSICAL na praza de España con RIOBÓ.
23:00 h VERBENA na praza da Compañía coa orquestra POCEIRO.
00:30 h CONCERTO no campo da Compañía de LUCÍA PÉREZ, representante de España no Festival de Eurovisión 2011
LUNS 15 DE AGOSTO
9:30 h LANZAMENTO DE 21 BOMBAS DE PALENQUE anunciando o día grande das Festas Patronais.
10:00 h DÍA DA PATROA
Na praza de Santo Antonio xuntaranse toda as persoas que queiran participar na Homenaxe á Patroa do Val de Lemos, a Virxe de Monserrat. Dende alí acompañarán ás autoridades á igrexa de S. Vicente do Pino
Misa na honra da Virxe de Monserrat cantada pola Coral Polifónica do Concello de Monforte de Lemos. Á saídaactuará a Banda de Gaitas do Concello de Monforte deLemos e Alcalde, autoridades e asistentes ao acto farána Ofrenda Floral á Virxe de Monserrat.
11:00 h ESPECTÁCULO INFANTIL Na praza da Estación e ata as 14:00 h desenvolverase A CAIXIÑA DOS MISTOS, actividade para nenos ata 14 anos na que se farán proxeccións de cine infantil.
12:30 h CONCERTO da Banda de Gaitas do Concello de Monforte na rúa do Cardeal.
DÍA DO GAITEIRO
11:30 h. Sairán dende a praza de España 10 Grupos de Gaiteiros por diferentes rúas da cidade facendo alboradas e rematarán no centro ás 13:00 h. Haberá grupos de monfortinos e non podían faltar os animados Arandela do IncioEste grupo "Arandela"co seu animado repertorio fai que o público baile.
13:00 h Concentración dos grupos tradicionais no centro urbano de Monforte onde divulgarán as súas músicas ata as 15:00 h.
19:00 h ESPECTÁCULO INFANTIL No parque dos Condes desenvolverase A CAIXIÑA DOS MISTOS, actividade para nenos ata 14 anos na que se farán proxeccións de cine infantil.
20:00 h PASARRÚAS dos grupos participantes na Mostra de Danza e Música Tradicional dende o campo da Compañía ata a praza de España.
20:30 h MOSTRA DE DANZA E MÚSICA TRADICIONAL na praza de España.
Actuarán os seguintes grupos: Grupo de Gaitas do Concello de Monforte, Escola de Danza Tradicional do Concello de Monforte. Grupos de Cantareiras e Pandeireteiras do Concello de Monforte, Asociación Cultural Amigos da Pandeireta de Monforte,Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia de Santiago
23:00 h CONCERTO na praza de España da BANDA DE MÚSICA DE SOBER.
23:00 h NOITE DE ORQUESTRAS. Dúas orquestras actuarán na praza da Compañía nunha xornada dedicada ás GRANDES ORQUESTRAS GALEGAS.
23:30 h BARCAS ENGALANADAS. No malecón do río Cabe farase un percorrido de barcas tradicionais engalanadas
MARTES DIA 16 DE AGOSTO
11:00 h XOGOS INFANTÍS: CONCURSO DE PINTURA NO CHAN na rúa do Cardeal ata as 13:00 h.
11:00 h ESPECTÁCULO INFANTIL. Na praza de Santo Antonio e ata as 14:00 h desenvolverase A CAIXIÑA DOS MISTOS, actividade para nenos ata 14 anos na que se farán proxeccións de cine infantil.
11:30 h Sairán dende a praza de España Grupos de Gaiteiros tocandopor diferentes rúas da cidade. Ás 13:00 h xuntaranse na rúa Cardeal cos Cabezudospara o gozo dos máis nenos.
19:00 h ESPECTÁCULO INFANTIL. Na praza de Carude desenvolverase A CAIXIÑA DOS MISTOS, actividade para nenos ata 14 anos na que se farán proxeccións de cine infantil.
20:00 h ESPECTÁCULO DE MAXIA para o público infantil e familiar no parque dos Condes con TONINO IL MAGO
21:00 h FESTA-BAILE dedicada aos maiores na praza de España co dúo musical-MERITXEL e o monfortino José Varela Docampo. O concello encargarase de servir a bebida aos asistentes.
23:00 h VERBENA na praza da Compañía a cargo da orquestra Gran Canaria. VIDEO DE LA ORQUESTA
00:30 h CONCERTO no campo da Compañía de:BANDA CREBINSKY
2:00 h Continuación da VERBENA.
---------------------------------------------------------------------------------------------
SABADO, DIA 20 DE AGOSTO .- Gran Queimada popular 2011
DOMINGO, DIA 21 DE AGOSTO .- Festa da Empanada en Ribasaltas
información web do Concello-Fotos y video de jose ramon casanova
No hay comentarios:
Publicar un comentario